A cidade |
|
Santiago de Compostela, unha ciudad nacida da pedra en medio dun verde manto recorrido por mil ríos. Un lugar situado nos confíns do mundo que se converteu en visita obligada e destino de culto para millóns de persoas que ao longo dos séculos peregrinaron para visitar o sepulcro de Santiago Apóstol. Pero Santiago tamén é as súas xentes, as súas costumes, moitas delas ancestrais, a súa rica gastronomía, as súas festas, algunhas tan populares como a do Santiago Apóstol o 25 de Xulio. Unha cidade que cautiva ao seu visitante, que o transporta, que o acolle, que o envolve para deixar a súa pisada para sempre. Santiago de Compostela é unha cidade aberta ao mundo desde fai máis de X séculos, con un gran peso cultural ao longo da historia cunha das universidades máis antigas de Europa. Cunha oferta cultural constante adaptada a todos os públicos e que o noso visitante pode disfrutar nos museos, teatros e auditorios da cidade. Santiago vai máis alá da propia cidade ou a catedral, nos seus alrededores o visitante poderá atopa paraxes idílicos rodeados de natureza e que moitos deles conservan a esencia do máis arraigado do pobo galego. Aldeas escondidas, ríos, castelos, fortalezas, dólmens... |